Galego
Descargar
Novidades

Parlumi xa está en Android: descárgaa de balde en Google Play

Era a pregunta que máis nos faciades: «E para Android, cando?». Pois xa está aquí. Parlumi pódese descargar de balde en Google Play desde hoxe, con todo o que xa tiña a versión de iPhone.

Que inclúe a versión de Android

A mesma app, cos mesmos cursos e as mesmas funcións:

  • Os nove cursos do A1 ao C2: español, inglés, francés, italiano, portugués do Brasil, catalán, alemán, neerlandés e sueco.
  • A app en 13 idiomas, coas explicacións escritas para quen fala a lingua desde a que aprendes. O galego non está entre eles, así que o máis cómodo será usala en español.
  • Leccións de cinco minutos con fichas, escritura, escoita a velocidade normal ou lenta, exercicios de falar con corrección de pronuncia e historias ao final de cada unidade.
  • Repasos das palabras que che custan, proba de nivel e exame ao final de cada nivel.
  • Racha, XP, gemas e obxectivo diario, cun recordatorio á hora que escollas.
  • Amigos, duelos de 60 segundos, clasificación semanal e a cidade de Parlumi, co teu barrio da semana.
  • Leccións sen conexión.

Xa usabas Parlumi no iPhone?

O teu progreso non se queda atrás. Se tes unha conta, descarga a app en Android, entra co mesmo correo e verás os teus cursos, a túa racha, as túas gemas e os teus amigos tal como os deixaches. Podes usar os dous móbiles á vez: todo se sincroniza.

En Android tamén podes entrar coa túa conta de Google, sen escribir contrasinal.

Que móbiles son compatibles

Parlumi funciona en móbiles con Android 8.0 ou posterior. Para os exercicios de falar, a app usa o recoñecemento de voz do propio móbil; se prefires non usar o micrófono, podes desactivar eses exercicios nos axustes.

Como descargala

  1. Abre Google Play no teu móbil e busca «Parlumi».
  2. Instala a app: é de balde.
  3. Escolle o idioma que queres aprender e fai a túa primeira lección. Para probala non fai falta crear unha conta.

Tamén podes usar o botón de Google Play que atoparás ao final deste artigo ou na páxina de inicio.

Convida os teus amigos con Android

Agora que Parlumi está nos dous sistemas, xa non hai escusa: podes convidar calquera amigo, teña o móbil que teña, e retalo a un duelo. Se queres saber máis da app, le que é Parlumi e como funciona.

← Ver todos os artigos